Obradoiros na escola

Os obradoiros Curso Anual e Cine Exprés do Cineclube Pontevedra están orientados a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.

Dado que moitas das nosas relacións interpersoais están baseadas na comunicación audiovisual, propoñémonos achegar a mozas e mozos a este xeito de comunicarse. Canda eles, procuraremos desenvolver o seu potencial expresivo, comunicativo e creativo a través do cine. Primaremos ao longo de todo o proceso a estimulación de mecanismos internos que lles permitan romper cos estereotipos e clixés albergados na súa propia cultura audiovisual, ao tempo que traballamos dinámicas que esperten a imaxinación e que desenvolvan o seu potencial creativo.


 photo ob0_zpsdogxaiis.jpg

Curso Anual

- Un día á semana (tardes do mércores, xoves ou venres).
- Realización de guións e aprendizaxe de diferentes técnicas de gravación.
- Manexo de cámara de cine e fotográfica.
- Super 8 e animación.
- Son: manexo de micrófono e gravadora.
- Efectos especiais.
- Montaxe con computador.
- Prezo: 15€ por nena/neno.

 photo ob0_zpsdogxaiis.jpg

 photo ob0_zpsdogxaiis.jpg

Cine Exprés

- Dous/tres días na aula ou no horario de extraescolares.
- Realización dun guión e gravación dunha curta.
- Proxección da curta.
- DVD final para o centro coa recompilación do material realizado.
- Prezo: 300 € (taller de 2 días) / 400€ (taller de 3 días).

 photo ob0_zpsdogxaiis.jpg

Contacta: obradoiros.cineclubepontevedra@gmail.com
Facebook: Obradoiros do cineclube

Obxectivos:
- Favorecer a autoestima.
- Complementar a alfabetización audiovisual das persoas participantes.
- Traballar sobre estereotipos e clixés da cultura audiovisual.
- Espertar o espírito creador, favorecendo, a partir do medio cinematográfico, o enriquecemento das propias vías de expresión.
- Potenciar a experimentación e espertar a imaxinación.
- Crear un espazo de traballo grupal, no cal se favoreza e respecte a expresión individual.


Nós achegamos todo o material necesario:
- Cámaras de vídeo e de fotos
- Trípodes
- Iluminación
- Equipo de gravación de son
- Computador para a edición
- Steadycam
- Guindastre
- Material de papelaría

O único que precisamos é un espazo relativamente amplo no que poidamos desenvolver a nosa actividade.

Descarga a relación desta acción formativa co currículo de Educación Primaria.
Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia

Descarga o dossier completo.

Consulta os traballos realizados nos obradoiros na nosa conta Vimeo


Con tecnoloxía de Blogger.